Tocamos en cores
Xa dende o curso pasado, para favorecer a aprendizaxe da linguaxe musical, estamos a empregar na materia o código de cores nas notas musicais.
Sabedes o que é? Cada nota vai asociada a unha cor.
Non é porque o digan os mestres e mestras do CEIP de Medeiros. Este código de cores é universal e emprégase nun montón de instrumentos. Favorece a inclusión do alumnado e mellora a nosa memoria visual e musical.
Mostrámosvos un exemplo nos nosos xilófonos.
Comentarios
Publicar un comentario