Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

ATA SETEMBRO!!!

Imagen
 E  outro curso máis, remata o cole... e con el as despedidas, as lagrimiñas e tamen os sorrisos para desfrutar dun verán incrible.  Dende o centro queremos agradecer o voso apoio, especialmente ás familias dos nosos peques, a ANPA, ao persoal de limpeza e por suposto, aos nosos nenos e nenas.  Esperamos que fose un bo curso tamen para vós. A nós encantounos traballar, aprender e desfrutar convosco.  Imos botarvos moito de menos este verán! Rebeca, Paula, María, David, Patri, Esther e Carmen. 

GRACIAS ANPA

Imagen
Ademais das festas no cole, a ANPA quixo ter un detalliño cos nosos compis que se van o instituto e coas profes do cole.  MOITAS GRAZAS! É unha sorte compartir a educación dos vosos fillos e fillas convosco. 

Festa inchable

Imagen
 Onte, tivemos a primeira despedida deste curso con unha festa con inchable. Demos superado a chuvia e desfrutamos un montón do tempo nel. Deixámosvos un vídeo que o demostra... 

Acto graduación

Imagen
 Deixámosvos máis imaxes deste ratiño que pasamos celebrando os cambios de etapa...

GRADUACIÓN PRIMARIA

Imagen
Non podía ser doutra maneira, que reconocerlle tamen aos nosos compis de 6º o seu esforzo e constancia. Polo que tiveron tamén un acto de graduación da etapa de primaria.  Dos nosos compis Candela e Marcos, pouco máis podemos decirlles.  Imos botarvos moitísimo de menos.  Querémosvos un montón!!

GRADUACIÓN INFANTIL

Imagen
As nosas compis  de 6º de Infantil fanse maiores, e o ano que ven acompañarannos en 1º de primaria. As profes e nós, quixemos recoñecerlles o seu esforzo durante toda a etapa de infantil.  Helena e Rosalía, sodes unhas campionas. A etapa de primaria vai ser igual de divertida, importante e enriquecedora como ata agora.  NORABOA!!

DESPEDIDA CANDELA E MARCOS

Imagen
 Despois de 9 anos, os nosos compis MARCOS  e CANDELA emprenden viaxe ao instituto... déixannos para crecer, madurar e aprender un montón de cousas novas.  Sabemos de sobra que lles vai ir estupendamente, pero danos moita pena que o ano que ven en setembro non nos acompañen na nosa pequena familia.  Esperamos que vos vaia genial e que nos fagades moitas pero moitas visitiñas no cole.  Quixemos facervos este vídeo de recordo do CEIP de MEDEIROS, para que non se vos esqueza nunca que esta tamén é a vosa casa. 

PARABÉNS SILVIA!!!

Imagen
   Un dos últimos aniversarios que temos no cole é o da nosa riciños Silvia. Esperamos que disfrutases moito do día e che gustase a nosa celebración!! Querémoste moito!

OS AGRICULTORES DE INFANTIL

Imagen
 Os peques do cole estivemos estas últimas semanas facendo de agricultores e xardiñeiros. Sabemos da importancia da natureza, polo que quixemos aprender a sementar e coidar da mesma.  Mirade como creceron as nosas plantiñas!!!

VISITA Á NECRÓPOLI

Imagen
 Vos sabedes o que é unha NECRÓPOLI? Pois nós, ata onte tampouco o tiñamos moi claro, pero despois da nosa pequena saída aprendémolo.  Non é a primeira vez que dende o cole visitamos esta Necropoli, pero os máis pequenos aínda non tuveran a ocasión, polo que pensamos que para rematar este estupendo curso era unha actividade moi divertida. Camiñamos un ratiño ata chegar, o que nos deu tempo a falar e   Se queredes aprender un pouquiño máis sobre a Necrópoli, deixámosvos un enlace da UVIGO: https://www.uvigo.gal/es/node/92502

Pupas, sustos e outros disgustos

Imagen
O martes viñéronnos visitar polo cole os enfermeiros Alberto e Quique. Ademais de pasar unha fantástica mañá con eles, aprendemos un montón de cousas.  Medímonos, pesámonos, supemos cales eran os nosos valores de osíxeno en sangue e pulso cardíaco... pero sobre todo aprendemos.  Aprendemos que temos que facer se nos sae sangue polo nariz.... Aprendemos que facer se atopamos a alguen no chan... Aprendemos que facer se nos queimamos ou se nos pica algún becho... Aprendemos como curar un corte, ou un golpe.  ENCANTOUNOS A SÚA VISITA, e ademais levamos uns diplomas suuuuuper chulos. MOITAS GRAZAS!!!!

Que é eso da ESTIMULACIÓN SENSORIAL?

Imagen
 Que é eso da ESTIMULACIÓN SENSORIAL? Cando falamos de estimulación sensorial falamos da entrada de información do entorno ao noso sistema nervioso a través dos sentidos.  A estimulación sensorial é moi necesaria para a adquisición de diferentes aprendizaxes, así como as funcións cognitivas como a atención ou a memoria.  Desta volta, fixemos un xogo que nos axuda a traballala, e ademais a discriminar visualmente as diferentes letras.  Elaboramos nós mesmos o noso material sensorial con só 3 ingredientes: un pouquiño de arroz, colorante alimentario e unha bolsiña de plástico.  Animádevos a probar! É moi divertido!

Saltamos "a conciencia"

Imagen
 A conciencia fonolóxica é moi necesaria para o traballo de lectoescritura. Trátase de habilidade de recoñecer e empregar os sons na linguaxe oral.  Dende a auliña de PT gústanos xogar coas actividades, e para non repetirnos... a semana pasada ocurríusenos empregar as escaleiras para traballala, e así melloramos tamen a nosa psicomotricidade... un 2x1 en toda regla.   

PARABÉNS!!!!!

Imagen
 Onte festexamos o aniversario de LOIS!!! A verdade é que neste cole... encántanos esto de cumplir anos!! Moitas felicidades LOIS! Querémoste un montón!