Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como BIBLIOTECAESCOLAR

DÍA DO LIBRO (II)

Imagen
 Hoxe os pequenos de infantil atoparon encima das súas mesas uns sobres sospeitosos… Descubriron que neles había unha invitación para unha reunión na Biblio do cole na hora de lectura… Despois do recreo acudiron a cita e os maiores de primaria tiñan unha sorpresa para eles e elas. Iban a leerlles un conto que fixeran especialmente para eles.  Encantoulles!!!!  Despois regaláronnos un ejemplar a cada un.  Grazas compis 🥰

DÍA DO LIBRO

Imagen
 O pasado venres, para conmemorar o día do libro no cole, as profes organizaron unha “gymkana” con contos clásicos. Había moitos que os máis pequenos xa non recoñecíamos, pero ao final todos fomos quen de rematala.  Pasámolo xenial e aprendemos un montón destos contos. 

Algo andamos argallando...

Imagen
 

VOLTAMOS Á BIBLIO!

Imagen
 Como xa sabedes, o ano pasado estreamos a nosa "Casa das historias", así é como chamamos á biblio do noso cole.  Hoxe, polo Día das Bibliotecas Escolares, estreamos o curso 22/23 da nosa biblio. Coñecemos aos nosos padriños e madriñas lectoras, e aproveitamos para ler un pouco todos xuntos. 

Recitamos no Día das Letras Galegas

Imagen
 Entre a súa obra, Florencio destacou por ser un magnífico traductor de obras francesas e inglesas ao noso idioma.  Nós quixemos conmemoralo con esta lectura, traducida por Florencio M. Delgado Gurriagán, do poema "Pluie" de Paul Verlaine.  Deixámosvos o vídeo a continuación.  Esperamos que vos guste. 

O TENDAL DAS PALABRAS

Imagen
 Seguindo coas conmemoracións das LETRAS GALEGAS, elaboramos o noso propio TENDAL DAS PALABRAS, con aquelas verbas que máis nos gustan no noso idioma.  Vos tedes algunha palabra favorita?

GROLIÑOS DE LECTURA

Imagen
 Para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS fixemos un montón de actividades diferentes. Unha delas foron os GROLIÑOS DE LECTURA.  Decoramos os nosos vasiños e escribimos anacos dos poemas de Florencio neles.  Animádesvos a darlle un groliño?