Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como ANOSAAULIÑA

Comprensión lectora: as palabras.

Imagen
A comprensión lectora ou a lectura comprensiva é a capacidade de entender o que se le. É preciso non só comprender o sentido das palabras que forman o texto, senón tamen o sentido dentro do mesmo, e polo tanto o entendemento total do seu argumento.  Desta volta, na nosa auliña estivomos traballando a comprensión de palabras e aproveitando para movernos un pouco e non facer as tarefas tan rutinarias. 

Que é eso da ESTIMULACIÓN SENSORIAL?

Imagen
 Que é eso da ESTIMULACIÓN SENSORIAL? Cando falamos de estimulación sensorial falamos da entrada de información do entorno ao noso sistema nervioso a través dos sentidos.  A estimulación sensorial é moi necesaria para a adquisición de diferentes aprendizaxes, así como as funcións cognitivas como a atención ou a memoria.  Desta volta, fixemos un xogo que nos axuda a traballala, e ademais a discriminar visualmente as diferentes letras.  Elaboramos nós mesmos o noso material sensorial con só 3 ingredientes: un pouquiño de arroz, colorante alimentario e unha bolsiña de plástico.  Animádevos a probar! É moi divertido!

Saltamos "a conciencia"

Imagen
 A conciencia fonolóxica é moi necesaria para o traballo de lectoescritura. Trátase de habilidade de recoñecer e empregar os sons na linguaxe oral.  Dende a auliña de PT gústanos xogar coas actividades, e para non repetirnos... a semana pasada ocurríusenos empregar as escaleiras para traballala, e así melloramos tamen a nosa psicomotricidade... un 2x1 en toda regla.   

SILÉNCIATE!

Imagen
 Seguimos facendo pequenos cambios para favorecer a inclusión de todo o alumnado na escola. Desta volta buscamos reducir os sons desagradables das cadeiras.  Comezamos coa aula de PT, colocando estas pelotiñas de pádel nas súas patas.  Agora xa non facemos ruído ao arrastrar as cadeiras!!!!!!

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Imagen
Hoxe, 2 de abril, conmemórase a nivel mundial o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO".  A nosa última actividade deste curso, consistiu en facerlles unhas preguntas aos nosos nenos e nenas. Quixemos saber cales son os motivos da súa felicidade, da súa tristeza...e preguntarlles se son felices, ademais de outras preguntiñas.  ESTADE ATENTOS E ATENTAS!!  O noso alumnado ten moi claro que TODOS SOMOS DIFERENTES, e eso fainos mellores.  POR MÁIS DIVERSIDADE, INCLUSIÓN E VISIBILIDADE.  

SEMANA CONCIENCIACIÓN AUTISMO III

Imagen
 Quedan moitos pasiños por dar, moitos escalóns que subir e moitas batallas que loitar... pero os nenos e as nenas deste cole témolo claro: CAMIÑAMOS XUNTOS POLA INCLUSIÓN e ti, TEAnimas?

SEMANA CONCIENCIACIÓN AUTISMO II

Imagen
  O día 2 de abril, conmemórase a nivel mundial o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO".  Dende o centro, quixemos aproveitar esta semana para traballar sobre o mesmo, xa que é preciso proporcionarlle VISIBILIDADE para favorecer a súa INCLUSIÓN en todos os ámbitos.  Hoxe deixámosvos a actividade que realizaron os nosos nenos e nenas,  proposta por www.autismoespaña.com para entender a diversidade de capacidades existente na sociedade. 

SEMANA CONCIENCIACIÓN AUTISMO

Imagen
 O día 2 de abril, conmemórase a nivel mundial o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO".  Dende o centro, quixemos aproveitar esta semana para traballar sobre o mesmo, xa que é preciso proporcionarlle VISIBILIDADE para favorecer a súa INCLUSIÓN en todos os ámbitos.  Hoxe deixámosvos unhas infografías sobre as características e algunhas preguntas frecuentes que se realizan sobre este tema.  (Toda a información está recollida da páxina web da Confederación Autismo España)

RECOMENDACIÓNS NA LINGUAXE

Imagen
A semana pasada, dende a Asociación Galega de Mestrxs de AL, proporcionáronnos pautas para a estimulación na linguaxe no alumnado de educación infantil.  Hoxe, as nosas nenas e nenos de Educación Infantil levan estos trípticos tan chulos para proporcionarllos as súas familias, porque a escola somos todas e todos, e unha comunidade educativa unida vale por 100.   

MATES NA NOSA AULIÑA

Imagen
 A nosa auliña é a aula de PT do centro. Nela, traballamos os contidos de maneira diferente, para poder entendelos todos e todas mellor.  Desta vez, traballamos os polígonos empregando diferentes formas de presentalos... Ensinámosvos un pouco do noso traballo para que vexades...

O COLE DE MEDEIROS É PARA TODAS E TODOS

Imagen
 Este curso, dende a aula de Pedagoxía Terapéutica, propuxéronse sinalizar de forma diferente o noso centro.  Para esta tarefa, os nenos e as nenas do cole estivemos grabando uns vídeos, as nosas voces e probando os códigos QR... para poder ensinarvos, ademáis dos nosos carteliños, como é o seu funcionamento.  Tamen aprendemos a signar unha palabra MOIIII IMPORTANTE.... Cal creedes que é?

O U T O N O na auliña

Imagen
Na auliña da profe Esther tampouco quixemos perder a oportunidade de traballar o Outono.  Estivemos traballando a motricidade fina cos tapóns con letras... ... repasando os nomes máis comúns nesta estación... ...montando o noso rinconciño de Outono... GÚSTAVOS?