Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

Dende o CEIP de Medeiros deséxamosvos...

Imagen
  BO NADAL A TODOS E TODAS!!!

Volvémonos decoradores de interior!

Imagen
 Sabes que neste cole somos uns e unhas artistas... Actuamos, bailamos, cantamos... e pintamos!! Gústanos un montón que os nosos espacios, reflexen a época do ano na que vivimos, polo que no Nadal non ía ser menos...  Aquí tedes a nosa "deco" para a temporada de inverno 2021/2022. Xa solamente nos falta que neve no patio para que a nosa decoración sexa totalmente invernal...  Por certo, non notades nada diferente nas cores do cole? 

FESTIVAL DE NADAL

Imagen
 Este ano, de novo, non estiveron con nós as nosas familias nun día tan importante como o é o Festival de Nadal, un dos nosos días favoritos do ano.  Por que é especial este día? É un día de compartir vivencias entre toda a comunidade educativa. Mestras, familias e o alumnado únese formando un equipo super importante.  Sen embargo, debida a situación sanitaria, volvemos ter que estar conectados telemáticamente con un dos puntos importantes do "noso triángulo".  Agardamos que sexa o último ano que teñamos que amosarvos a nosa arte e traballo soamente dende esta plataforma.  Disfrutade moito vendo o vídeo do noso festival do Nadal 2021.  BO NADAL A TODAS A COMUNIDADE EDUCATIVA!

DETECTIVES DE.... CORES!

Imagen
 Esta semana iniciamos un pequeno proxecto na aula de infantil. Convertémonos en detectives que van intentar entender algúns dos misterios máis descoñecidos.  Desta volta, investigamos cómo se forman as diferentes cores que coñecemos. Mesturamos as cores primarias nas nosas mans e... TACHÁN! A suma de cores tivo o seu resultado...  Velaquí as imaxes que o confirman: 

O COLE DE MEDEIROS É PARA TODAS E TODOS

Imagen
 Este curso, dende a aula de Pedagoxía Terapéutica, propuxéronse sinalizar de forma diferente o noso centro.  Para esta tarefa, os nenos e as nenas do cole estivemos grabando uns vídeos, as nosas voces e probando os códigos QR... para poder ensinarvos, ademáis dos nosos carteliños, como é o seu funcionamento.  Tamen aprendemos a signar unha palabra MOIIII IMPORTANTE.... Cal creedes que é?

Concurso Nadal

Imagen
  As nosas chicas, Naila e Candela, gañaron o concurso de Postais do concello nas súas categorías. Noraboa rapazas!  Noraboa tamén ao outro gañador! :)

A NOSA PORTA VIOLETA (25N)

Imagen
 O pasado xoves, quixemos concienciarnos e seguir aprendendo como podemos "abrir portas" para que a nosa sociedade crezca libre e que non teñan que existir máis portas no noso camiño.  Quixemos reinterpretar a canción de Rozalén, facendo estas chaves cheas de significado, que nos axudarán no noso futuro.