Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

Coñecemos ao ratiño Pérez!!!! 🐭🐭

Imagen
 Esta mañá tivemos unha pequena salida ata o Auditorio de Verín para ver a chegada do ratiño Pérez. Ao parecer gústalle un montón esta zona e vai quedar por aquí un tempo… Foi a primeira excursión deste curso, e siempre nos emociona a viaxe en bus.  Grazas por invitarnos!! 

Algo andamos argallando...

Imagen
 

PARABÉNS!!!!

Imagen
 Hoxe é o cumple do noso Iván. Nós xa nos encargamos de felicitalo... e vós??? Parabéns Iván!!

O primeiro magosto das nosas peques.

Imagen
 Este curso temos dúas alumnas novas en 3 anos. Este ano foi o seu primeiro magosto no cole, polo que estivemos traballando un montón estos días para que non o esquezan nunca. 

VOLVEU O MAGOSTO AO COLE!!!

Imagen
Aínda que pospuxemos esta festa, non queríamos quedarnos sen o noso querido MAGOSTO no centro.  Como en anos anteriores, invitamos ás familias a que nos acompañaran neste día tan divertido. Comemos, xogamos e pasámolo pipa!! Moitas grazas ás e aos que nos acomapañastes, e tamen a aqueles que non podían pola vosa colaboración. Foi un día xenial!

Os resultados da votación!!!!

Imagen
 Despois da votación de onte e o escrutinio desta mañá… xa temos resultados das nosas eleccións!!! Este será o título do proxecto do curso 2022/2023.

Comprensión lectora: as palabras.

Imagen
A comprensión lectora ou a lectura comprensiva é a capacidade de entender o que se le. É preciso non só comprender o sentido das palabras que forman o texto, senón tamen o sentido dentro do mesmo, e polo tanto o entendemento total do seu argumento.  Desta volta, na nosa auliña estivomos traballando a comprensión de palabras e aproveitando para movernos un pouco e non facer as tarefas tan rutinarias. 

Tocamos en cores

Imagen
 Xa dende o curso pasado, para favorecer a aprendizaxe da linguaxe musical, estamos a empregar na materia o código de cores nas notas musicais.  Sabedes o que é? Cada nota vai asociada a unha cor.  Non é porque o digan os mestres e mestras do CEIP de Medeiros. Este código de cores é universal e emprégase nun montón de instrumentos. Favorece a inclusión do alumnado e mellora a nosa memoria visual e musical.  Mostrámosvos un exemplo nos nosos xilófonos. 

Musicalízate cos Pokemon

Imagen
Esta semana non somos moitos, pero iso non nos impide traballar un montón. Na hora de música, a aula dos maiores estivo repasando a escala musical e os tempos das diferentes figuras musicais. O profe tróuxonos unhas plantillas super chulas de Pokemon que nos encantaron. 

PASÁMOLO DE.... MEDO!!!

Imagen
 O día de Halloween (ou Samaín), como xa empeza a ser tradición neste cole, fixemos o truco o trato por todo Medeiros.  Unha vez máis encantounos, a pesares da choiva.  Grazas a toda a veciñanza que participou. Sen vós o cole non sería o mesmo!