St Patrick's day
Sabedes que é eso do St Patrick's day?
O St Patrick's day é unha celebración irlandesa, que conmemora o día de San Patricio, que é o patrón desta illa. Comezou sendo unha celebración relixiosa, e acabou por converterse nunha festa multitudinaria e popular.
Dende a aula de inglés, quixemos unirnos a esta celebración. Pedimos algúns desexos aproveitando o trevo, que é símbolo desta celebración.
Deixámosvos aquí unha parte da mostra...
Comentarios
Publicar un comentario