Estas últimas semanas os alumnos de 1º de primaria estivemos estudando as plantas e ademáis, fixemos uns experimentos que compartimos cos nosos compañeiros.
A semana pasada fixemos diversas actividades didácticas para traballar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Luisa Villalta. Buscamos palabras en galego e escollimos a nosa palabra favorita en galego para engadir a lista de "palabras riquiñas", tamén elaboramos un mural dedicado a Luisa.
Este luns fixemos unha saída especial... os alumnos de primaria visitamos un centro de práctica de pádel. Desfrutamos un montón probando e xogando xuntos.
Comentarios
Publicar un comentario