Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

EXCURSIÓN: Baixamos na tirolina

Imagen
Todas as actividades encantáronnos, pero se hai unha que se leva o premio foi a TIROLINA!! A algúns deunos un pouco de medo e preferimos ser testigos dos nosos compis, pero encantounos a experiencia.  Da TIROLINA, deixámosvos un vídeo dos que nos tiramos, para que se vexa un pouco mellor... jiji

EXCURSIÓN: Visita ao bosque máxico

Imagen
 En ACOUGO  hai un montón de gnomos que viven alí, acompañados de pequenos TROLS. Estivemos buscándoos polo bosque máxico e atopamos polo menos un cento deles. Eso si, tivemos un montón de coidado de non estropear nada para que non se enfadaran con nós. 

EXCURSIÓN: Parecemos equilibristas

Imagen
 Non era suficiente coa visita en barca ou coñecer a toda a veciñanza do centro... senón que tamen nos puxeron á proba comprobando o noso equilibrio. Ao principio deunos algo de medo, pero todos conseguimos cruzar entre as árbores. O profe David seguro que nos pon boa nota este trimestre!!

EXCURSIÓN: Navegamos polo Lago

Imagen
Outra das actividades que fixemos no Centro de Ocio ACOUGO, foi visitar a Crispín, un pequeno crocodrilo que habita no seu lago. Fomos nas barcas en grupos de catro e entre remolinos, movementos extraños e unhas vistas preciosas pasamos un rato fantástico!!

EXCURSIÓN: Visita aos animaliños

Imagen
 Onte tivemos a sorte de ter unha saída máis alá do noso concello despois de tanto tempo. Para moitos de nós era a nosa primeira excursión co cole. Foi todo moi emocionante!!! Saímos no bus cara Vilamarín, e alí visitamos o Centro de Ocio ACOUGO, con Gregorio e Nerea.  O primeiro que fixemos foi visitar a todos os integrantes deste lugar... a nós non nos sorprendeu ver certos animais, pero foi moi bonito poder xogar con eles.  Deixámosvos unhas fotiños....