Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

VOLTAMOS AOS EXPERIMENTOS!!!

Imagen
 Xa sabedes que na aula de infantil encántanos experimentar. No anterior trimestre fixemos un montón de experimentos dentro da aula... pero desta volta, invitamos aos nosos compis da aula de primaria a que nos acompañasen. Fixemos o experimento do volcán... deixámosvos os materiais e o procedemento neste vídeo taaaan chulo. 

DÍA DO LIBRO (II)

Imagen
 Ademais do traballo facendo os nosos "anuncios publicitarios" para o fomento da lectura... non quixemos perder a oportunidade de realizar algunha que outra manualidade para conmemorar este día... Deixámosvos fotos do venres pasado... FELIZ DÍA DO LIBRO!!! 

VOLTA O MUNDO EN 50 LIBROS

Imagen
"Son... 50 libros son...50 nada máis... para dar a volta ao mundo..."  Outra das actividades que fixemos para conmemorar este día do libro do ano 2022 foi dar "unha volta ao mundo", coñecendo 50 libros importantes de 50 países.  Aprendemos un montón non só de libros, tamen de xeografía e idiomas... jiji

DIA DO LIBRO

Imagen
 Sabedes porque o DÍA DO LIBRO se celebra o 23 de Abril? É o día no que coinciden a morte de tres grandes figuras da literatura universal como son Miguel de Cervantes,  William Shakespeare y Garcilaso de la Vega. Esta semana estivemos traballando e recordando a importancia de LER. Fixemos un montón de actividades para conmemorar este día...  Queredes velas? A primeira que vos imos mostrar son estos super anuncios, cos que tentamos que a todo o mundo lle entren ganas de LER!!!!

A NOSA PASCUA

Imagen
Na semana anterior ás vacacións de Semana Santa, estivemos decorando un montón o noso cole con motivos tradicionais destas datas...  Quedounos precioso!

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Imagen
Hoxe, 2 de abril, conmemórase a nivel mundial o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO".  A nosa última actividade deste curso, consistiu en facerlles unhas preguntas aos nosos nenos e nenas. Quixemos saber cales son os motivos da súa felicidade, da súa tristeza...e preguntarlles se son felices, ademais de outras preguntiñas.  ESTADE ATENTOS E ATENTAS!!  O noso alumnado ten moi claro que TODOS SOMOS DIFERENTES, e eso fainos mellores.  POR MÁIS DIVERSIDADE, INCLUSIÓN E VISIBILIDADE.  

SEMANA CONCIENCIACIÓN AUTISMO III

Imagen
 Quedan moitos pasiños por dar, moitos escalóns que subir e moitas batallas que loitar... pero os nenos e as nenas deste cole témolo claro: CAMIÑAMOS XUNTOS POLA INCLUSIÓN e ti, TEAnimas?