Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

TRUCO OU TRATO?

Imagen
 Despois de facer un montón de actividades diferentes polo día de Samaín e Halloween, as profes e a ANPA tíñannos preparada unha super sorpresa!!!!  Fixemos o " TRUCO OU TRATO " por todo o pobo.  Encantounos ver participar a tantas veciñas e veciños na vida do cole! Moitas grazas a todas e todos por participar!  Aquí vos deixamos o último vídeo do noso especial "Samaween".  Que teñades boa ponte!

BUUUUUUUUUUU! QUE MEDO!

Imagen
 Xa vos avisamos esta mañá... o día de hoxe estivo cheo de sorpresas.  A primeira delas chegou cando o autobús aparcou na entrada... as profes quixeron asustarnos un montón!  Pero... nós tamen demos bastante medo, va que sí? Seguide atentos e atentas, que isto non foi todo... quedaba a sopresa final... o "TRUCO OU TRATO" máis divertido que veredes...

O día de hoxe mete medo...

Imagen
 O cole está preparado para recibir as súas nenas e nenos para disfrutar do Halloween ou Samaían...  Acompañándesnos no día de hoxe?  QUEEEEE MEDOOOOO!

Dámoslle nova vida ao atopado na natureza

Imagen
 Como vos dixemos, empregamos os materiais que atopamos na contorna para realizar actividades plásticas e manipulativas...  Hoxe ensinámosvos o que fixemos na aula da profe María Pasámolo en grande!

VISITA DA CRUZ ROJA

Imagen
 Onte pola mañá recibimos a visita da Cruz Roja.  Ensináronnos un montón de cousas moi necesarias en caso de emerxencia.  Aprendemos que o primeiro que debemos facer ante calquera emerxencia é chamar ao 1 1 2.  Tamen nos ensinaron a facer unha reanimación. Nós tiñamos os nosos bonecos e bonecas para practicar. Saliunos estupendo! Por último contáronnos os perigos de quedar sós na casa, e que facer en caso de incendio.  Pasámolo xenial!

Saída pola contorna

Imagen
 Aproveitando que a semana pasada aínda fixo bo tempo, quixemos saír e vivenciar directamente a chegada do Outono.  Durante a mañá recollemos diferentes materiais como flores, froitos e follas para realizar diferentes actividades plásticas.  De momento ensinámosvos un pequeno adianto... 

O U T O N O na auliña

Imagen
Na auliña da profe Esther tampouco quixemos perder a oportunidade de traballar o Outono.  Estivemos traballando a motricidade fina cos tapóns con letras... ... repasando os nomes máis comúns nesta estación... ...montando o noso rinconciño de Outono... GÚSTAVOS?

O outono dos pequenos

Imagen
 Como xa vos dixemos, os pequenos do cole non ían ser menos, e levan traballando este outono tanto como os maiores... A profe María fíxonos actividades moi divertidas para aprender e diferenciar os colores e os froitos do Outono. Encántanos esta estación, e a vós? Cal é a vosa estación favorita?

Chegou o outono!

Imagen
  BOS DÍAS! A semana pasada chegou o Outono, como xa saberedes...  O que seguro que non sabedes, é que estivemos a traballar un montón para darlle a benvida.  A clase dos maiores ca profe Rebe, estivemos organizando un mural cheo de follas... Deseñamos, pintamos, recortamos, pegamos... estamos feitos uns artistas! Esperamos que vos guste :)  PD: Estade atentos e atentas, porque os máis pequenos do cole non ían ser menos...